Os Nosos Queixos

Queixos Leite Ulla

Elaboramos dous tipos de queixo, feitos con leite crúa de vaca, sal e callo. Non levan corrector de acidez, nin parafinas, nin conservantes artificiais.
Os nosos queixos parécense entre si pero non hai un igual a outro. Sempre podemos atopar algunha variación, ben sexa na textura (máis cremosa ou menos), sabor (máis intenso ou mais suave), presencia (mais altos ou chatos, mais redondos ou cadrados) porque estamos falando dun produto feito a man de forma natural.

Queixo fresco

É un queixo húmido de textura branda e sabor suave. Atoparalo en tamaño de 0.500kg aprox.
É ideal para comer só ou para engadir en ensaladas, nun bocadillo, acompañalo con marmelo…

 

Queixo país

Podemos atopalo en distinta fase

Ten distintas curacións. Pode ser en fresco ou en tenro. Temos diferentes tamaños que van en torno a 0.500kg, 1kg ou 1.5kg.

A súa cor é branca, non ten codia. É un queixo húmido de textura corchosa e sabor suave.
É ideal para comer só ou para degustar con marmelo, confituras….

Ten unha codia fina de cor amarelo claro, a codia é natural; prodúcese pola fase oreo dos queixos co paso dos días. Ten textura cremosa e fundente cun sabor intenso en boca podendo resultar algo acedo en paladar (non lle engadimos correctores de acidez)
É ideal para degustar con marmelo, anchoas, pan de millo con uvas, confituras…

 

Contacta con Nos

Estaremos encantados de resolver calqueira duda que poidas ter sobre os nosos produtos!