O Noso Orixe
A Nosa historia
Unha Empresa Familiar
A carón do río Ulla en Santeles (A Estrada), nace no ano 2010 Leite Ulla.
Os nosos orixes tiveron lugar coa comercialización de leite en máquinas expendedoras (de ahí o nome de Leite Ulla) e de seguido, como a mellor das casualidades, comezamos coa elaboración de queixo.
A “culpa” (máis ben sorte diríamos nos), foi dun callo que tiñamos na casa a punto de caducar e co que a avoa Carmen fixo un queixo cos métodos que había naqueles tempos.
Continuou mamá elaborando queixos nas potas ata que; un día meus pais decidiron mercar unha cuba de callado.
Pasamos de facer o queixo en potas a facelo nunha cuba, de ter o frigorífico da casa abarrotado de queixos a telos nunha cámara…e así ata o día de hoxe.
A maquinaria que empregamos é mínima. Todo o proceso é artesanal e manual para así garantir un producto sumamente mimado.
Os nosos produtos:
Dedicámonos a elaboración e distribución de leite pasteurizado de vaca e queixos feitos de leite crúa de vaca sal e callo.
Elaboramos dous tipos de queixo, feitos con leite crúa de vaca, sal e callo. Non levan correctores de acidez, nin parafinas, nin conservantes artificiais.
Os nosos queixos parécense entre si pero non hai un igual a outro. Sempre podemos atopar algunha variación, ben sexa na textura (máis cremosa ou menos), sabor (máis intenso ou mais suave), presencia (mais altos ou chatos, mais redondos ou cadrados) porque estamos falando dun produto feito a man de forma natural.
Leite Ulla naceu...
No ano 2010 está ubicada ao carón do río Ulla en Santeles (A Estrada).
Os nosos orixes tiveron lugar coa comercialización de leite en máquinas expendedoras(de ahí o nome de Leite Ulla) e de seguido, como as mellores
das casualidades, comezamos coa elaboración de queixo, a “culpa” mais ben sorte diríamos nos, foi dun callo que tiñamos na casa a punto de caducar.
Con él a avoa Carmen fixo un queixo como ela elaboraba en tempos.
Sigueu mamá elaborando queixos nas potas ata que; un día meus pais decidiron mercar unha cuba de callado.
Pasamos de facer o queixo en potas a facelo nunha cuba de callado, de ter a neveira da casa abarrotada de queixos a telos nunha cámara…e así ata o día de hoxe.
A maquinaria que empregamos é mínima. Todo o proceso é artesanal e manual para así garantir un producto sumamente mimado.
Apostamos polo comercio de proximidade e polo comercio local e familiar.