Entradas del Blog
Historia da gandeiría tradicional galega: Un legado na Galicia de España
Leer el artículo completo
Haz clic aquíHistoria dos queixos galegos tradicionais
Leer el artículo completo
Haz clic aquíProducto destacado
Queixo do País
Queixo do país: O queixo de toda a vida, feito a man.
En Leite Ulla apostamos polo queixo do país, un tesouro gastronómico que encarna a esencia da tradición e da artesanía. Este queixo, elaborado a man con técnicas transmitidas de xeración en xeración, representa o legado de toda unha vida dedicada a perfeccionar a mestura perfecta de sabores e texturas.
Cada queixo feito a man é unha obra mestra única, elaborada co leite máis fresco e coidadosamente seleccionado.
Co queixo do país non so ofrecemos un sabor excepcional, senón que tamén apostamos pola auténtica produción e preservación dunha tradición artesanal.
A nosa historia
A Orixe da Nosa Tradición
No ano 2010 nace Leite Ulla á beira do río Ulla en Santeles (A Estrada).
Dedicándose nun principio á venda de leite en máquinas expendedoras, a empresa evolucionou para facer queixo grazas a un callo que estaba a piques de caducar.
Con métodos artesanais e maquinaria mínima, hoxe produce queixos coidadosamente elaborados.
A Nosa Materia prima
Leites Galegos Ulla
Leite galego de proximidade
Na esencia dos nosos produtos reside o compromiso inquebrantable coa calidade a través da coidada selección do leite galego de proximidade.
Este leite ao ser un producto natural, ten máis sabor, máis aroma e polo tanto conserva todos os seus beneficios nutricionais.
O leite local galego que tamén usamos nas nosas elaboracións, dá aos nosos produtos un sabor distintivo,cumprindo así coa autenticidade que se espera dos produtos naturais e feitos a man».
os nosos valores
Tradición e cercanía
Comercio local e venda directa
En Leite Ulla, cultivamos unha crenza profundamente arraigada no valor dos negocios locais e na importancia de apoiar as tendas familiares. Creemos na venda directa a estas pequenas empresas e é por iso que non traballamos con grandes superficies.
Producto tradicional
No noso esforzo por ofrecer experiencias auténticas, apostamos pola excelencia dos productos artesáns e tradicionais. Isto non só impulsa a economía próxima, senón que tamén conserva as técnicas, a paixón e a dedicación que só se encontra nos negocios familiares arraigados na tradición.
Contacta con Nós
Estaremos encantados de resolver calqueira duda que poidas ter sobre os nosos produtos!
FAQ
Preguntas e respostas máis frecuentes
Queixo
Leite crúa de vaca, sal e callo
A codia é completamente natural, polo que, non tes porque pelar o queixo, non ten desperdicio. O que pagas polo queixo é o que vas consumir.
Lactosa.
Non empregamos conservantes artificiais; únicamente leva sal que é un conservante natural.
Non é recomendable debido a que está feito con leite cru, pero despois do embarazo xa poderás atiborrarte de queixo LeiteUlla.
Sí, só tes que poñerte en contacto con nos por medio de Whatsapp (símbolo whats) e informarémoste.
Traballamos con comercios familiares e pequenos establecementos. Podes mercarlos na propia queixería e os sábados no mercado dos Tilos e Vilagarcía. Escríbenos a través de Whatsapp (símbolo whats) indicándonos de onde es e informarémoste.
Estás adquirindo un producto artesanal feito a man, cercano e SÓ o podes mercalo no comercio LOCAL.
Leite
É leite enteira de vaca pasteurizado.
Lactosa.
Non podemos romper a cadea de frío, se esta rompe teríamos que ferver o leite. Sempre hai que gardarla no frigorífico.
Sí, fervéndoo pódese separar a nata do leite.
Para almorzos, para elaborar croquetas, xeados, cremas….
É un producto natural e ten mais sabor, aroma.
Sí, porque está pasteurizado.
Traballamos con comercios familiares e pequenos establecementos. Podes mercarlos na propia queixería e os sábados no mercado dos Tilos e Vilagarcía. Escríbenos a través de Whatsapp (símbolo whats) indicándonos de onde es e informarémoste.
Estás adquirindo un producto artesanal feito a man, cercano e SÓ o podes mercalo no comercio LOCAL.