
Leite Ulla – Gandeiría Louzao
Leite Ulla – Gandeiría Louzao
No medio dun entorno natural, ó carón do Río Ulla, levántanse as instalacións de GANDEIRÍA LOUZAO en Santeles, A Estrada.
Unha explotación de tradición familiar, dende fai xa 4 xeracións, produce un leite natural, con todo o seu sabor, un leite vivo.
Unha coidada e natural alimentación das nosas vacas, alimentadas a base de pastoreo, seguidas dun proceso de pasteurizado, almacenaxe en depósitos, transporte e distribución en máquinas expendedoras, serve para que vostede teña á súa disposición un producto natural, fresco, sen aditivos nin conservantes.
Disfrute do sabor intenso do auténtico leite.
Apostamos por un produto tradicional, local e polos circuitos curtos de comercialización. Por iso hai 7 anos que naceu Leite Ulla.
Envasamos o noso leite en diversos formatos:
– Bidóns para osuministro das nosas máquinas expendedoras nas Prazas de Abastos de Marín, Cangas, Vilagarcía e na tenda O Graneiro de Amelia (xunto as ruinas) en Pontevedra.
– Envasámolo en bolsas de 10 litros e en botellas de 5 litros, 1.5 litros e 1 litro.