A través deste proxecto, dende LEITE ULLA centramos a nosa inversión en dous aspectos:
1) Ampliación das instalacións para reorganizar e mellorar o proceso produtivo do queixo.
2) Unha mellora tecnolóxica coa adquisición de diverso equipamento para o incremento e a mellora no proceso de elaboración do queixo.
As diferentes inversións te´ran os seguintes obxectivos perseguidos:
– Aumentar a competitividade da empresa ao mellorar o produto final.
– Aumentar o valor engadido do produto.
– Mellorar a seguridade da produción.
– Mellorar a calidade do produto final e consecuentemente mellorar a comercialización dos quixos.
OBRAS
De inicio diponíanse de 118,25 m2 de instalacións para a actividade de envasado de leite cru e elaboración de quixo, pasando coa obra a 126 m2 para a zona de fabricación-manipulación e de 37,80 m2 para a zona de carga e descarga.
Ademáis plantexouse a urbanización dunha zona exterior de 45,70 m2 para acceso de vehículos a zona de carga e descarga dende a pista de acceso.
INSTALACIONS
Ademáis das instalacións de fontanería e electricidade,, plantexouse a construción dunha cçamara secadoiro dentro das instalacións para mellorar a evolución e curado dos queixos en ambiente controlado con temperatura e humidades.
MAQUINARIA E EQUIPAMENTO
Adquisición de equipamento:
– 1 prensa nova para queixos, para poder aumentar e mellorar o rendemento da produción.
– 1 mesa de traballo en aceiro inoxidable.
– 1 armario de aceiro inoxidable, para almacenar etiquetado, etc.
– 3 ud. de carros para moldes.
– 1 ud. extractor de aire, para mellorar as condicións de fabricación.
– 1 máquina de termoselado para expedición.
– 50 ud. de moldes para queixo de tetilla.
– 80 ud. de moldes para queixo do país.
– 1 ud. deshumidificador, que mellora o proceso produtivo controlando a humidade ambiental durante a elaboración.
– 2 ud. tanque para moldes.
– Hidrolimpiadora auga fría móbil.
– 100 ud. caixas para queixos.
– 1 ud. tanque para requesón.